Ensinanzas deportivas IES Sánchez Cantón

Quen somos

O IES Sánchez Cantón é un centro de ensino público de Pontevedra que na súa oferta educativa dispón das titulacións oficiais de técnico deportivo (nivel 1 e 2) e técnico deportivo superior (nivel 3) nas modalidades de fútbol e balonmán.

 

Estas ensinanzas deportivas teñen caracter oficial e validez académica e profesional en todo o estado, producen os efectos establecidos na lexislación vixente e acreditan as competencias do perfil profesional e a formación que conteñen.

 

 

As clases impártense no Centro Galego de Tecnificación Deportiva que, xunto co IMD do Concello de Pontevedra, son as entidades públicas que colaboran co centro facilitando o uso das súas instalacións.

Titulacións que se imparten no centro

-> Técnico deportivo en fútbol N1 e N2.

 

-> Técnico deportivo en balonmán N1 e N2.

-> Técnico superior en fútbol N3.

 

-> Técnico superior en balonmán N3.

 

MOI IMPORTANTE: a posta en marcha de cada titulación en cada curso requerirá un número mínimo de 10 alumnos/as.

 

Normativa reguladora EEDD en Galicia

Requisitos de acceso ás titulacións

-> Para Técnico Deportivo en fútbol N1 e Técnico Deportivo en balonmán N1: título de ESO ou equivalente ou proba substitutiva superada + proba de acceso específica superada.

 

-> Para Técnico Deportivo en fútbol N2 e Técnico Deportivo en balonmán N2: certificado de Técnico Deportivo N1 da modalidade deportiva que corresponda.

 

-> Para Técnico Superior en fútbol N3: título de bacharelato ou equivalente ou proba substitutiva superada + título de Técnico Deportivo en fútbol N2 + acreditación da RFEF ou FGF de ter un mínimo de 6 meses de experiencia como adestrador/a coa titulación de N2.

 

-> Para Técnico Superior en balonmán N3: título de bacharelato ou proba substitutiva superada + título de Técnico Deportivo en balonmán N2 

Calendario probas de acceso 2022

-> Realización da proba substitutiva da titulación de ESO; 7 de xullo de 2022, no IES San Clemente de Santiago de compostela. Idade mínima 17 anos.

 

-> Realización da proba substitutiva da titulación de bacharelato; 31 de maio de 2022 no IES San Clemente de Santiago de Compostela. Idade mínima 19 anos.

 

-> Inscrición na proba substitutiva da titulación de ESO; ata 29 de xuño de 2022 na secretaría do IES Sánchez Cantón entre as 9:00 -13:30 h.

 

-> Inscrición na proba substitutiva da titulación de bacharelato; ata o 23 de maio de 2022 na secretaría do IES Sánchez Cantón entre as 9:00 -13:30 h.

 

-> Realización da proba de acceso específica para TD fútbol N1; o 15 de xullo de 2022, ás 11:00 h nas instalacións municipais da A Xunqueira de Pontevedra.

 

-> Realización da proba de acceso específica para TD balonmán N1; o 15 de xullo de 2022, ás 10:00 h nas instalacións municipais A Xunqueira de Pontevedra.

 

-> Inscripción na proba de acceso específica; ata o 29 de xuño de 2022, na secretaría do IES Sánchez Cantón entre as 9 - 13:30 h.

Documentación a presentar para facer a inscrición nas probas de acceso

-> Solicitude de inscrición según modelo do centro.

 

-> Copia DNI

 

-> Xustificante pago de prezos públicos ou exención.

 

-> Certificado expediente académico ou depósito do título requerido.

 

-> No caso de solicitar adaptación das probas, certificado grao discapacidade. 

 

-> No caso de acreditar deportista de AN ou AR ou mérito deportivo que supoña a exenciónda proba específica de acceso, resolución de deportista de AN ou AR ou certificado da federación deportiva española ou autonómica correspondente.

 

 

Reserva de praza e matrícula para o curso 22-23

-> Reserva de praza para Técnico Deportivo de fútbol ou balonmán N1 e N2; ata o 29 de xuño de 2022, na secretaría do IES Sánchez Cantón entre as 9:00 -13:30 h.

 

-> Reserva de praza para Técnico Superior de fútbol ou balonmán N3; ata o 29 de xuño de 2022, na secretaría do IES Sánchez Cantón entre as 9:00 -13:30 h.

 

-> Matrícula para Técnico Deportivo de fútbol ou balonmán N1; 26 - 28 de xullo de 2022.

 

-> Matrícula para Técnico Deportivo de fútbol ou balonmán N2; data por determinar en decembro ou xaneiro do curso 22-23, o remate do ciclo de TD N1.

 

-> Matrícula para Técnico Superior de fútbol ou balonmán N3; 26 - 28 de xullo de 2022.